Reencuentros con primeros amores, grandes horrores.


Reencuentros con primeros amores, grandes horrores.
 Y así, a través de un reencuentro tan fugaz como inesperado, ambos cosecharon lo que no habían sembrado.
Ella buscaba eludir las inquebrantables leyes de cronos: aspiraba a recuperar sus quince años, perdidos entre las sábanas donde había enterrado en vida tantos sueños imposibles. Esperaba que volver a besar aquellos labios la harían revivir el carrusel de emociones que desata todo primer amor: la entrega ciega, la pérdida de la noción del tiempo, tender una hamaca de ilusión en medio de la nada y convertir el desierto de la rutina en un oasis salvador.
Él había aprendido que lo mucho o poco que uno dé de sí mismo no es suficiente para alimentar la llama de un amor que nunca es recíproco, al menos no en el mismo grado.
Ella había seguido con su vida de mujer irresistible, con esos labios espectaculares y esa mirada enloquecedora. Su vida había sido desde siempre complicada, con grandes ausencias familiares y pocos amigos a los que llamar. Sus peores lágrimas se las había comido ella sola, esnifando almohadas de domingo y tragando techo en muchos hostales de mala muerte. Pero los demás no conocían esa faceta suya, no sabían que ella pudiera llorar. Alguien con tanto éxito no lloraba así.
Él no había tenido más remedio que continuar viviendo, seguir existiendo y devorar bocanadas de aire cada día, vomitando entre toses y cogorzas toda la dignidad con que le había preparado a ella un futuro lleno de alegrías... había avanzado a la pata coja año tras año, desde que se rompió en mil pedazos su bucólica unión aquella tarde de martes, cuando entre los dos no sumaban treinta años. Él había logrado sus objetivos profesionales, había finalizado sus estudios, había conquistado la cima más alta con la edad más baja: era un triunfador en un mundo de perdedores. Pero el dinero no sacia a un corazón insobornable, a una memoria que no perdona y a un futuro al que se le cierran las puertas. Él debía recuperar su fortaleza y contactar con ella. Y así ocurrió: en aquella cabina telefónica en medio de ninguna parte metió las monedas y marcó el número prohibido que nunca más sería capaz de olvidar. Los primeros tonos lo desconcertaron, regalándole la ilusa esperanza de que nadie cogiera. Pero ella seguía viviendo allí, y era domingo así que aún estaba en casa.
Ella había respondido ilusionada a aquella llamada telefónica aquel extraño domingo por la tarde. Un día en el que la sonrisa se le había escapado para no volver tras la elocuencia del portazo que dio fin a su última discusión con Juan. Pero él la llamó, por fin, tras tantos años de cobarde retirada.
Él aunó el valor que no tenía para quedar, y se vieron, y hablaron mucho, y por supuesto retomaron la que sin duda fue una conversación tan extemporánea como improductiva, pero eso él aún no lo sabía. Quizá ella tampoco.
Ella notaba cómo renacían en su interior chispas olvidadas, que nunca ningún otro había conseguido hacer arder de ese modo. Y entonces surgió el amor.
Se besaron como hacía tiempo que no besaban, se entregaron y por una noche permitieron al mundo la libertad de seguir girando sin ellos, o más bien a pesar de ellos. La cama dejó de serlo y sólo estaban ellos dos, atrapados a ratos por el vientre y en todo momento por la mirada, enfermizo cordón umbilical que los hacía necesitarse a la vez que odiarse y perdonarse por haber desperdiciado tantos años, autoconvenciéndose de tener la razón en una absurda discusión irremediable.
En los ojos de él, se reflejaba la belleza de una joven veinteañera que ansiaba no haber pasado nunca de los diecisiete; en los de ella, una mirada que no veía al otro, sino a sí misma años atrás, joven y querida. rodeada de amigos y flotando en una extraña nebulosa.
Él, que había regresado a la joven que más daño le haría en toda su vida, se estaba enamorando nuevamente, pero no ya de un recuerdo, sino de una nueva persona en quien se sentía a salvo de todo. La quería como nunca más podría amar a ninguna otra. La necesitaba más de lo que sospechaba. Estaba dispuesto a darlo todo por ella.
Ella, aunque buena persona y no del todo malintencionada, no tenía tiempo para sopesar el alcance de estos reencuentros: ambos seguían quedando juntos, compartían su vida, se amaban, ¿para qué ir más lejos? Ella estaba a gusto, se sentía revivir, había vencido su batalla al tiempo. O al menos eso creía. Estaba en su oasis con su novio de la adolescencia. Lo había logrado. Había encontrado su santo grial. Y todo gracias a él.
Él, simplemente, la buscaba a ella. Nada más.
 
Autor: MoMo

MOMO EN VENECIA



Durante o curso 2011/2012 Momo estivo de Erasmus en Venecia.  Desta cidade son estas fotos que queremos compartir con todo o mundo:





 
 
Comida típica para estudantes de Erasmus...
 
 
 
 
 
 
Típica foto de Venecia...
 
 

MoMo repite medallas

 
MoMo volve a estar de medalla

 
O equipo xuvenil de Natación Sincronizada de Ourense gañou a medalla de ouro no Campionato Galego de Natación Sincronizada que tivo lugar en Vigo o 2 de xuño. Novamente e, contra todo pronóstico impuxéronse ás favoritas que son o equipo Galaico de Pontevedra.
 
 A coreografía, que está baseada na estética e filosofía Punk, foi aclamada polo público presente. dende MoMo estamos moi orgullosos e orgullosas por esta, xa segunda medalla de Ouro, deste ano. a vindeira cita será o sábado 8 de xuño, esta vez na casa, no pavillón dos remedios en Ourense, onde farán unha exhibición. estades todos e todas convidadas!!!
 
 

Outras compañeiras

Mirade que bonitas están as nosas outras amigas, estan no seu mellor momento do ano, cando están máis bonitas e contentas!!




Esta é Peni, xa ten dous anos, e despois de ternos castigada un ano sen flores, este ano xa nos perdoou!






Novi so ten un ano, pero polo de agora sempre nos foi fiel... é a envexa de todas as orquídeas!


Elas teñen outra amiga, Blanqui, pero agora está en proceso de recuperación! En canto se recupere, colgamos unha foto dela.

As mascotas de Riós

Que ben se vive en Riós!!!




Chispa está tumbada sobre la hierba observando como Alicia y su amigo juegan al balón esperando el momento de sacarles la pelota



Aquí tenemos a Roni despertandose de su siesta y ahora se dispone a dar un pequeño paseo por las calles del pueblo


Siber está jugando con su novia en la nieve intentando alcanzar una liebre; pero despues de todo su esfuerzo no fueron capaces

MoMo apoia a Folga estudantil

MoMo o 22 de maio súmase á folga no ensino!



Vémonos nas rúas!!!



Aquí podedes ver unha pequena mostra dalgunha da miñas mascotas. As dúas primeiras chámanse Barrosa e Blanquita, foron durante 2 anos parella, pero Blanquita "púxolle os cornos" cun boi portugués e rematou a relación.







   Aquí podedes obsevar a unha vaca cachena, é moi presumida e gosta que lle louben os seus enormes cornos.


Nesta último foto podedes ver unha declaración de amor...



MoMo Recomenda: Libros




LIBRO: O Principiño
  • Autor: Antoine Saint-Exupéry
  • Ano: 1943
  • Sinopse: O Principiño (en francés Le Petit Prince),  é a novela máis famosa do aviador francés Antoine de Saint-Exupéry que escribiu mentres se hospedaba nun hotel de Nova Iorque. É un conto filosófico, moi poético que, baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas tan profundos como a vida e o amor, a morte, a amizade, as actitudes e as preocupacións da vida. Nas conversas entre o narrador e o principiño, o autor revela a súa propia visión sobre a estupidez da humanidade e a sinxela sabedoría que os adultos semellan esquecer cando medran.A obra está igualmente ilustrada polo propio autor. Os seus debuxos, sinxelos e dun estilo se cadra algo infantil, son tan célebres como o libro mesmo. Traducido a 180 linguas e dialectos con máis de 50 millóns de copias en todo o mundo e existe unha serie de debuxos animados de 39 episodios. Moitas veces é empregado como lectura para os que comezan a estudar unha lingua estranxeira.Fixéronse máis de 180 traducións de O Principiño, con máis de 500 edicións. Foi traducido ao galego polo escritor Carlos Casares en 1972.





  • Comentario: O narrador é un aviador que durante un voo ten unha avaría no motor. Para arranxalo párase no deserto do Sáhara. Para el é unha cuestión de vida ou morte.
    Á mañanciña do seguinte día o aviador é sorprendido por unha pequena voz que lle demandaba: “Por favor... píntame un año!”. 




Concurso Maio 2012


Máis vale tarde que nunca... NORABOA Rakel!!!!
 
¡¡¡En breve terás o teu agasallo!!!
 
E non deixedes de seguir MoMo, en breve teremos un novo concurso!!!
 

-x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x-


Cambiamos de tercio... coa proposición dunha participante!


Aínda que non é violento, de guerreiro se disfraza
convertíndose nunha esfera cando o inimigo o ataca
recubrindo a súa pel, como unha coraza.



¡¡ Moita sorte a todas e todos !!
 

Premio Concurso Abril 2012

Sentíndoo moito este mes temos que deixar o premio deserto xa que ninguén foi quen de dar co libro que buscábamos!!

Aproveitamos para recomendarvos o libro en cuestión... trátase da novela gráfica

MAUS de Art Spiegelman




E lembrade, este mes unha nova posibilidade!! 

En Ourense - 1º de Maio


¡¡¡ MoMo estivo alí !!!

* Foto orixinal extraída de La Voz de Galicia Ed. Dixital 02/05/12.

Pista para o concurso

Xa que desta vez parece que andades un pouco perdidos e perdidas co concurso do mes e dado que é o último día, aquí vos deixamos unha páxina enteira, a ver se conseguides saber a que libro pertence.



E lembrade que hoxe é o último día... a partires de mañá unha nova oportunidade para participar e acadar un pequeno agasallo!!!!

MoMo no Auditorio

Onte asistimos ó auditorio para ver a obra teatral "contra o progreso", representada por alumnos e alumnas da Aula Universitaria de Pamplona.

Amosáronnos  varias escenas cun claro elemento común, unha evidente crítica ao progreso humano.
A forza desta crítica non se debe a que sexa cruenta, burlesca, especialmente mordaz ou satírica, o destacado de Soler (autor dos textos nos que se basa a obra) é que xulga ao progreso coa súa propia medicina: o absurdo.

O autor recrea diferentes situacións que nos resultan surrealistas, imposibles, pero a realidade que nos amosa "contra o progreso" non é en definitiva tan diferente desta na que vivimos.
Soler, acentúa os erros do progreso, ese lado escuro da condición humana que todos coñecemos pero que ninguén ousa amosar ou recoñecer. os personaxes que ve o espectador son crueis, débiles, cobardes, idiotas, conformistas, inocentes, egoístas...humanos, góstenos ou non.

"Contra o progreso" é crítica e é humor, pero tamén é realidade, é drama, é absurdo, é filosofía,
é teatro.






CONTRA O PROGRESO



E para o día de hoxe contamos có espectáculo A espera, traballo que nos traen dende Portugal, os actores e actrices da aula de teatro Universitario do Porto(TUP).
A obra terá lugar no Teatro Principal ás 20:30.
Prezo: 2€
Duración: 60 minutos




Ademáis poderemos ver tamén o espectáculo de Joan Baixas (Cataluña). Có espectáculo Tierra Preñada.
Terá lugar no auditorio, ás 23:00
Prezo:3€
Duración:60 minutos




Revolução dos Cravos - 25 de Abril

Hoje celebramos em MoMo o “Dia da Liberdade” portuguesa, e como não poderia ser de outra maneira fazêmo-lo pacificamente, com música e cravos, como faz 38 anos.

Mas não devemos esquecer que hoje seguimos lutando, recordem: hoje às 18.00 horas na subdelegación do goberno, esperamos-vos!



Um bocadinho de história...

Revolução dos Cravos refere-se a um período da história de Portugal resultante de um golpe de Estado militar, ocorrido a 25 de Abril de 1974, que depôs o regime ditatorial do Estado Novo, vigente desde 1933, e que iniciou um processo que viria a terminar com a implantação de um regime democrático, com a entrada em vigor da nova Constituição a 25 de Abril de 1976.



Este golpe, normalmente conhecido pelos portugueses como 25 de Abril, foi conduzido por um movimento militar, o Movimento das Forças Armadas (MFA), composto por oficiais intermédios da hierarquia militar, na sua maior parte capitães que tinham participado na Guerra Colonial e que foram apoiados por oficiais milicianos, estudantes recrutados, muitos deles universitários. Sem apoios militares, e com a adesão em massa da população ao golpe de estado, a resistência do regime foi praticamente inexistente.

2 anos depois, e estabilizada a conjuntura política, prosseguiram os trabalhos da Assembleia Constituinte para a nova constituição democrática, que entrou em vigor no dia 25 de Abril de 1976, o mesmo dia das primeiras eleições legislativas da nova República.

Na sequência destes eventos foi instituído em Portugal um feriado nacional no dia 25 de Abril, denominado "Dia da Liberdade".

O cravo vermelho tornou-se o símbolo da Revolução de Abril de 1974. Segundo se conta, foi uma florista de Lisboa que iniciou a distribuição dos cravos vermelhos pelos populares que os ofereceram aos soldados. Estes colocaram-nos nos canos das espingardas. Por isso se chama ao 25 de Abril de 74 a "Revolução dos Cravos".





"Grândola, Vila Morena" é a canção composta e cantada por Zeca Afonso que foi escolhida pelo Movimento das Forças Armadas (MFA) para ser a segunda senha de sinalização da Revolução dos Cravos. A canção refere-se à fraternidade entre as pessoas de Grândola, no Alentejo, e teria sido banida pelo regime salazarista como uma música associada ao Comunismo. A primeira senha, tocada cerca de hora e meia hora antes, às 22:55 do dia 24 de Abril, foi a música "E depois do adeus", cantada por Paulo de Carvalho. Às zero horas e vinte minutos do dia 25 de abril de 1974, a canção era transmitida na Rádio Renascença, a emissora católica portuguesa, como sinal para confirmar as operações da revolução. Por esse motivo, a ela ficou associada, bem como ao início da Democracia em Portugal.



Grândola, vila morena

Terra da fraternidade

O povo é quem mais ordena

Dentro de ti, ó cidade

Dentro de ti, ó cidade

O povo é quem mais ordena

Terra da fraternidade

Grândola, vila morena

Em cada esquina um amigo

Em cada rosto igualdade

Grândola, vila morena

Terra da fraternidade

Terra da fraternidade

Grândola, vila morena

Em cada rosto igualdade

O povo é quem mais ordena

À sombra duma azinheira

Que já não sabia a idade

Jurei ter por companheira

Grândola a tua vontade

Grândola a tua vontade

Jurei ter por companheira

À sombra duma azinheira

Que já não sabia a idade




Información extraída da WEB

Manifestación por un ensino público laico e de calidade



"Hai un ano por estas datas, botaba a andar Estudantes sen Futuro, un pequeno gran proxecto que pretendía aglutinar ao estudantado da cidade de Ourense cun claro obxetivo: loitar por un ensino público, laico e de calidade e por un futuro digno.
Xa daquelas nos enfrontabamos a duros golpes contra o noso porvir e o noso dereito a un ensino de calidade que se viñan dando dende anos atrás, como por exemplo Boloña ou a Reforma Laboral do ano 2010.
Hoxe, un ano despois, o obxetivo segue sendo o mesmo, pero a todo isto temos que sumarlle os novos ataques do goberno do Partido Popular (nova Reforma Laboral, recortes en sanidade, cultura, educación e dereitos sociais) e o desenrolo de medidas como a Estratexia Universidade 2015 (fase superior de Boloña que implica entre outras cousas a suba desmesurada de taxas e a elitización directa do ensino).
Cos Presupostos Xerais do Estado sobre a mesa, o goberno non terá tan fácil seguir a ocultar a verdadeira finalidade das súas políticas: elitizar, privatizar e mercantilizar o ensino xunto co resto dos servizos sociais.
Analizando os documentos atopámonos cunha reducción do 21'9% do gasto en educación, 15'1% en cultura, 62% en universidades ou 20% en investigación fronte a un irrisorio 8% en defensa, 2% á Casa Real ou a igrexa a cuxa partida non se toca nin un euro. Pero a todo isto hai que sumarlle o recorte de máis de 3.000 millóns, reducción de 166 millóns en becas, aumento de ata o 20% de alumnos por aula...
Ante esta situación a resposta do estudantado será forte e unitaria: NON.
Non á mercantilización do ensino!
Non aos recortes en dereitos sociais e servizos públicos!
Non á precariedade laboral!
NON Á PRIVATIZACIÓN!
Por iso o 25 de abril, movémonos polos servizos públicos, polo emprego con dereitos e por un ensino público, laico e de calidade para todos e todas!
18:00h - Subdelegación do Goberno.
Organízate e Loita! "

MoMo na GALA DE FESTICLOWN PALESTINA

Onte foi a Gala de Festiclown Palestina, no que nos sorprenderon cuns fantásticos espectaculos.


A increible acróbata aérea Sue Moreno:



O humorista Leo Bassi:



O mimo Johnny Melville:




Mago Teto:




Cá intervención do director de 
Pallasos en Reberdía e Festiclown Palestina Ivan Prado: 



Presentados por "O Carrabouxo":


E amenízado polo grupo musical O Sonoro Maxín:




O obxectivo da gala era concienciar ós Ourensans sobre a situación de Palestina, todo pola Paz e polo fin da ocupación dos territorios Palestinos, ademáis de recadar fondos para a realización do Festiclown que se levará a cabo o próximo ano 2013. 


Foi unha gala chea de humor, na que nos fixeron pasar un bo rato, aportandonos así unha enerxia que non a podemos atopar en calquera momento. Facendonos entender que a sonrisa e igual de importante en calqueira parte do mundo.






E para hoxe contamos coa actuación do Grupo de Teatro da Universidade de Granada. Co espectáculo BECKTT, no TEATRO PRINCIPAL, ás 20:30.
Cunha duración de 90 minutos.
Prezo 2€ 


MoMo na MITEU

Aquí vos deixamos unhas imaxes do desfile inaugural da 17ª MITEU, na que MoMo foi partícipe.





Disfrutade dos 13 días de espectáculos que quedan!
Hoxe contamos as 20:30 cá Gala de Festiclown Palestina na que participan: LEO BASSI, JOHNNY MELVILLE, MAGO TETO, SUE MORENO, O SONORO MAXÍN, O CARRABOUXO, IVÁN PRADO (EEUU).
Duración: 100 minutos
PREZO: 5 € (A recadación encamíñase a facer nos territorios palestinos un Festival)
LUGAR: Auditorio


MITEU 1012

 Este venres 13 de abril empeza a MITEU: Mostra Internacional de Teatro Universitario.

Para ir abrindo boca  este fin de semana temos os seguintes espectáculos:

venres 13

GRUPO: ROSAURA, AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Enredados

LUGAR: RÚA PASEO E XARDÍNS P. FEIXOO
HORA: 19’00
TARIFA: LIBRE
CORDELIA. AULA UNIVERSITARIA DE TEATRO DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Otelo 2012

LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
TARIFA: 2 € 
GRUPO:
QUICO CADAVAL, CARLOS BLANCO E OS SERGIO TANNUS TRÍO
(GALICIA, BRASIL)
ESPECTÁCULO: Carlos Blanco e Quico Cadaval
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 23’00
TARIFA: 5 €

sábado 14

GRUPO:
TEATRO UNIVERSITARIO DA UNIVERSIDADE DE ALICANTE
(COMUNIDADE VALENCIANA)
ESPECTÁCULO:
Noche de Reyes

LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
TARIFA: 2 € 
MOFA E BEFA (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
O pior de Mofa e Befa

LUGAR: AUDITORIO
HORA: 23’00
TARIFA: 5 € 
GRUPO:
TEATRO UNIVERSITARIO DA UNIVERSIDADE DE ALICANTE (COMUNIDADE VALENCIANA)
ESPECTÁCULO:
Monólogos de Humor

LUGAR: CAFÉ AURIENSE
HORA: 01’00
TARIFA: LIBRE (PAGO DA CONSUMICIÓN)

PECHA KUCHA en Ourense

Búscanse artistas, deseñadores/as, pintores/as, músicos, debuxantes..., xente creativa e con boas ideas que queiran compartilas no primer PECHA KUCHA que se celebrará en Ourense éste mes de Abril.

As PECHA KUCHA Nights son evento informal para fomentar os intercambios intelectuais e creativos, cun formato dinámico e áxil no que os/as speakers presenten as súas ideas e propostas cunha posta en escea peculiar: 20 diapositivas de 20 segundos cada unha, en total 6 minutos e 40 segundos para expor o teu traballo o mundo: unha dose de creatividade concentrada.


As PECHA KUCHA Nights comezaron en Tokio en 2003 para logo expandirse a cidades de todo o mundo, como Londres, Berlín, Barcelona... en Galiza xa son habituais as PECHA KUCHA  de Santiago ou Pontevedra...da túa participación depende que tamén Ourense se apunte a este xeito diferente de intercambiar e compartir boas ideas.




Se queredes mais información ou estades interesados en participar escribe a : pechakuchou@gmail.com
ou entra na páxina: http://www.pecha-kucha.org/

ANIMÁDEVOS!

CONCURSO DE MoMo ABRIL 2012

Con motivo da celebración do día do libro o 23 deste mes, aquí vos deixamos unha frase para que intentedes averiguar en que libro o podemos atopar:

"Fui a visitar a mi padre a Rego Park"


Animádevos a participar. Moita Sorte!

GAÑADOR DO CONCURSO DE MARZO

Grazas a todas as persoas que participaron no concurso deste mes!
Dende MoMo queremos darlle a noraboa a “Veiras” xa que efectivamente a imaxe era da película “La Vida es Bella”.
Ésta é unha película italiana de 1997, gañadora de tres premios Óscar, na que se narra cómo un italiano xudío, Guido Orefice (interpretado por Roberto Benigni, tamén director e coescritor do filme), se namora, casou e ten un fillo ó cal xunto con el o levan a un campo de concentración e inventa unha especie de mentira o seu fillo como contraposición ó terrible momento que pasan, estando no campo.
O gañador poderase pasar a partir do Luns por Trama para recoller o agasallo.
E para todos e todas as demais no deixedes de visitar MoMo. Hoxe comezará un novo concurso, que vos brindará a posibilidade de acadar un pequeno agasallo.

Programación MITEU 2012


Outro ano máis, 15 días de Teatro cá 17ª MITEU
Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense 


MoMo coa Folga Xeral

MoMo: Mocidade en Movimento súmase a Folga Xeral do 29 de marzo, amosando o seu máis profudo rexeite a reforma laboral, entendendo que esta constitúe un ataque directo contra as condicións laborais, fomentando a precariedade laboral e cebándose especialmente coa xuventude.

MoMo súmase a distintas iniciativas e convócavos a todos e todas a manifestación que terá lugar o 29 de marzo.
MoMo quere agradecer o traballo que están facendo nesta liña colectivos como Estudantes Sen Futuro, que realizaron o seguinte video e manifesto para concienciar ao estudantado


Aquí o  manifiesto:


As políticas antisociais do goberno, tales como os recortes ou a reforma laboral, non só constitúen un dos ataques máis directos e brutais cara os dereitos dos traballadores e traballadoras na historia da democracia, se non que son tamén un golpe claro cara o futuro do estudantado e da mocidade en xeral.


En primeiro lugar, limitouse e dificultouse o accesos aos estudos superiores mediante a implantación da Estratexia Universidade 2015, un paso máis no Proceso de Boloña, que supón a elitización e mercantilización do ensino, principalmente mediante a suba desmesurada das taxas universitarias, ou as contraproducentes reformas nas probas de acceso.


Por outro lado, no ámbito das ensinanzas medias atopámonos coa posible reforma do bacharelato e os continuos recortes presupostarios, entre outras moitas medidas antisociais que teñen como finalidade a precarización e posterior privatización do ensino público.


Ademáis, a nova reforma, lonxe de buscar unha solución aos graves problemas que presenta para a xuventude o mercado laboral actual, aumenta a precarización e incertidumbre do noso porvir, elevando as taxas do paro xuvenil 43,5%. Queremos unha formación de calidade, enfocada a unha realidade laboral xusta e igualitaria.


Sobran as razóns para saír a rúa o vindeiro xoves 29 de marzo, e berrar ben alto que cos nosos dereitos non se xoga. Paremos as aulas e fagamos da Folga Xeral un éxito tamén no ámbito educativo. O noso futuro é o futuro da sociedade, unámonos e loitemos para defendelo!


Nin nas aulas nin na casa! Na rúa!

La mascota de Noe

Hola!!! soy Sira, una pitbull de 2 años y medio. Soy muy cariñosa y me gusta estar rodeada de gente y de otros perros. Me porto bien, porque así me enseñaron desde cachorro, aunque a veces me paso de revoltosa. Salgo todos los días de paseo, pero siempre con los papeles en regla: tengo chip, licencia, todas las vacunas y voy siempre atada y con mi bozal. Me gusta mucho correr por el monte y tomar el sol siempre que se puede. El resto del tiempo lo paso durmiendo... y a ello me voy ahora mismo!! 

Saludos para todos. SIRA




8 de marzo

“Home, ¿eres capaz de ser xusto? Unha muller  faiche esta pregunta; cando  menos non lle quitarás ese dereito. Dime: ¿quen che deu o soberano poder de oprimir ao meu sexo?, ¿a túa forza?, ¿os teus talentos?”

Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá. Olimpia de Gouges. (1748-1783).



Tal e como fixo Olimpia no seu momento, hoxe, 230 anos despois,  todas e todos debemos seguir loitando pola igualdade da muller, e seguir preguntándolle aos homes, se dunha vez por todas van ser capaces de ser xustos!!


Hoxe, 8 de marzo a nosa pregunta vai para Alberto Ruiz-Gallardón, ministro de Xusticia: Alberto, eres capaz de ser xusto?


Valoradeo vos memos e mesmas!!