MoMo no Auditorio

Onte asistimos ó auditorio para ver a obra teatral "contra o progreso", representada por alumnos e alumnas da Aula Universitaria de Pamplona.

Amosáronnos  varias escenas cun claro elemento común, unha evidente crítica ao progreso humano.
A forza desta crítica non se debe a que sexa cruenta, burlesca, especialmente mordaz ou satírica, o destacado de Soler (autor dos textos nos que se basa a obra) é que xulga ao progreso coa súa propia medicina: o absurdo.

O autor recrea diferentes situacións que nos resultan surrealistas, imposibles, pero a realidade que nos amosa "contra o progreso" non é en definitiva tan diferente desta na que vivimos.
Soler, acentúa os erros do progreso, ese lado escuro da condición humana que todos coñecemos pero que ninguén ousa amosar ou recoñecer. os personaxes que ve o espectador son crueis, débiles, cobardes, idiotas, conformistas, inocentes, egoístas...humanos, góstenos ou non.

"Contra o progreso" é crítica e é humor, pero tamén é realidade, é drama, é absurdo, é filosofía,
é teatro.






CONTRA O PROGRESO



E para o día de hoxe contamos có espectáculo A espera, traballo que nos traen dende Portugal, os actores e actrices da aula de teatro Universitario do Porto(TUP).
A obra terá lugar no Teatro Principal ás 20:30.
Prezo: 2€
Duración: 60 minutos




Ademáis poderemos ver tamén o espectáculo de Joan Baixas (Cataluña). Có espectáculo Tierra Preñada.
Terá lugar no auditorio, ás 23:00
Prezo:3€
Duración:60 minutos