PECHA KUCHA en Ourense

Búscanse artistas, deseñadores/as, pintores/as, músicos, debuxantes..., xente creativa e con boas ideas que queiran compartilas no primer PECHA KUCHA que se celebrará en Ourense éste mes de Abril.

As PECHA KUCHA Nights son evento informal para fomentar os intercambios intelectuais e creativos, cun formato dinámico e áxil no que os/as speakers presenten as súas ideas e propostas cunha posta en escea peculiar: 20 diapositivas de 20 segundos cada unha, en total 6 minutos e 40 segundos para expor o teu traballo o mundo: unha dose de creatividade concentrada.


As PECHA KUCHA Nights comezaron en Tokio en 2003 para logo expandirse a cidades de todo o mundo, como Londres, Berlín, Barcelona... en Galiza xa son habituais as PECHA KUCHA  de Santiago ou Pontevedra...da túa participación depende que tamén Ourense se apunte a este xeito diferente de intercambiar e compartir boas ideas.




Se queredes mais información ou estades interesados en participar escribe a : pechakuchou@gmail.com
ou entra na páxina: http://www.pecha-kucha.org/

ANIMÁDEVOS!