Manifestación por un ensino público laico e de calidade



"Hai un ano por estas datas, botaba a andar Estudantes sen Futuro, un pequeno gran proxecto que pretendía aglutinar ao estudantado da cidade de Ourense cun claro obxetivo: loitar por un ensino público, laico e de calidade e por un futuro digno.
Xa daquelas nos enfrontabamos a duros golpes contra o noso porvir e o noso dereito a un ensino de calidade que se viñan dando dende anos atrás, como por exemplo Boloña ou a Reforma Laboral do ano 2010.
Hoxe, un ano despois, o obxetivo segue sendo o mesmo, pero a todo isto temos que sumarlle os novos ataques do goberno do Partido Popular (nova Reforma Laboral, recortes en sanidade, cultura, educación e dereitos sociais) e o desenrolo de medidas como a Estratexia Universidade 2015 (fase superior de Boloña que implica entre outras cousas a suba desmesurada de taxas e a elitización directa do ensino).
Cos Presupostos Xerais do Estado sobre a mesa, o goberno non terá tan fácil seguir a ocultar a verdadeira finalidade das súas políticas: elitizar, privatizar e mercantilizar o ensino xunto co resto dos servizos sociais.
Analizando os documentos atopámonos cunha reducción do 21'9% do gasto en educación, 15'1% en cultura, 62% en universidades ou 20% en investigación fronte a un irrisorio 8% en defensa, 2% á Casa Real ou a igrexa a cuxa partida non se toca nin un euro. Pero a todo isto hai que sumarlle o recorte de máis de 3.000 millóns, reducción de 166 millóns en becas, aumento de ata o 20% de alumnos por aula...
Ante esta situación a resposta do estudantado será forte e unitaria: NON.
Non á mercantilización do ensino!
Non aos recortes en dereitos sociais e servizos públicos!
Non á precariedade laboral!
NON Á PRIVATIZACIÓN!
Por iso o 25 de abril, movémonos polos servizos públicos, polo emprego con dereitos e por un ensino público, laico e de calidade para todos e todas!
18:00h - Subdelegación do Goberno.
Organízate e Loita! "