Outras compañeiras

Mirade que bonitas están as nosas outras amigas, estan no seu mellor momento do ano, cando están máis bonitas e contentas!!




Esta é Peni, xa ten dous anos, e despois de ternos castigada un ano sen flores, este ano xa nos perdoou!






Novi so ten un ano, pero polo de agora sempre nos foi fiel... é a envexa de todas as orquídeas!


Elas teñen outra amiga, Blanqui, pero agora está en proceso de recuperación! En canto se recupere, colgamos unha foto dela.

As mascotas de Riós

Que ben se vive en Riós!!!




Chispa está tumbada sobre la hierba observando como Alicia y su amigo juegan al balón esperando el momento de sacarles la pelota



Aquí tenemos a Roni despertandose de su siesta y ahora se dispone a dar un pequeño paseo por las calles del pueblo


Siber está jugando con su novia en la nieve intentando alcanzar una liebre; pero despues de todo su esfuerzo no fueron capaces

MoMo apoia a Folga estudantil

MoMo o 22 de maio súmase á folga no ensino!



Vémonos nas rúas!!!



Aquí podedes ver unha pequena mostra dalgunha da miñas mascotas. As dúas primeiras chámanse Barrosa e Blanquita, foron durante 2 anos parella, pero Blanquita "púxolle os cornos" cun boi portugués e rematou a relación.







   Aquí podedes obsevar a unha vaca cachena, é moi presumida e gosta que lle louben os seus enormes cornos.


Nesta último foto podedes ver unha declaración de amor...



MoMo Recomenda: Libros




LIBRO: O Principiño
  • Autor: Antoine Saint-Exupéry
  • Ano: 1943
  • Sinopse: O Principiño (en francés Le Petit Prince),  é a novela máis famosa do aviador francés Antoine de Saint-Exupéry que escribiu mentres se hospedaba nun hotel de Nova Iorque. É un conto filosófico, moi poético que, baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas tan profundos como a vida e o amor, a morte, a amizade, as actitudes e as preocupacións da vida. Nas conversas entre o narrador e o principiño, o autor revela a súa propia visión sobre a estupidez da humanidade e a sinxela sabedoría que os adultos semellan esquecer cando medran.A obra está igualmente ilustrada polo propio autor. Os seus debuxos, sinxelos e dun estilo se cadra algo infantil, son tan célebres como o libro mesmo. Traducido a 180 linguas e dialectos con máis de 50 millóns de copias en todo o mundo e existe unha serie de debuxos animados de 39 episodios. Moitas veces é empregado como lectura para os que comezan a estudar unha lingua estranxeira.Fixéronse máis de 180 traducións de O Principiño, con máis de 500 edicións. Foi traducido ao galego polo escritor Carlos Casares en 1972.





  • Comentario: O narrador é un aviador que durante un voo ten unha avaría no motor. Para arranxalo párase no deserto do Sáhara. Para el é unha cuestión de vida ou morte.
    Á mañanciña do seguinte día o aviador é sorprendido por unha pequena voz que lle demandaba: “Por favor... píntame un año!”. 




Concurso Maio 2012


Máis vale tarde que nunca... NORABOA Rakel!!!!
 
¡¡¡En breve terás o teu agasallo!!!
 
E non deixedes de seguir MoMo, en breve teremos un novo concurso!!!
 

-x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x--x-


Cambiamos de tercio... coa proposición dunha participante!


Aínda que non é violento, de guerreiro se disfraza
convertíndose nunha esfera cando o inimigo o ataca
recubrindo a súa pel, como unha coraza.



¡¡ Moita sorte a todas e todos !!
 

Premio Concurso Abril 2012

Sentíndoo moito este mes temos que deixar o premio deserto xa que ninguén foi quen de dar co libro que buscábamos!!

Aproveitamos para recomendarvos o libro en cuestión... trátase da novela gráfica

MAUS de Art Spiegelman




E lembrade, este mes unha nova posibilidade!!