MoMo Recomenda: Libros




LIBRO: O Principiño
  • Autor: Antoine Saint-Exupéry
  • Ano: 1943
  • Sinopse: O Principiño (en francés Le Petit Prince),  é a novela máis famosa do aviador francés Antoine de Saint-Exupéry que escribiu mentres se hospedaba nun hotel de Nova Iorque. É un conto filosófico, moi poético que, baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas tan profundos como a vida e o amor, a morte, a amizade, as actitudes e as preocupacións da vida. Nas conversas entre o narrador e o principiño, o autor revela a súa propia visión sobre a estupidez da humanidade e a sinxela sabedoría que os adultos semellan esquecer cando medran.A obra está igualmente ilustrada polo propio autor. Os seus debuxos, sinxelos e dun estilo se cadra algo infantil, son tan célebres como o libro mesmo. Traducido a 180 linguas e dialectos con máis de 50 millóns de copias en todo o mundo e existe unha serie de debuxos animados de 39 episodios. Moitas veces é empregado como lectura para os que comezan a estudar unha lingua estranxeira.Fixéronse máis de 180 traducións de O Principiño, con máis de 500 edicións. Foi traducido ao galego polo escritor Carlos Casares en 1972.





  • Comentario: O narrador é un aviador que durante un voo ten unha avaría no motor. Para arranxalo párase no deserto do Sáhara. Para el é unha cuestión de vida ou morte.
    Á mañanciña do seguinte día o aviador é sorprendido por unha pequena voz que lle demandaba: “Por favor... píntame un año!”.