Estudantes sen Futuro chama á mobilización o #29F


A brutalidade e o abuso policial son xa unha estratexia frecuente para silenciar as cada vez máis numerosas voces que se levantan día tras día contra as crecentes inxustizas no estado español. Nas últimas semanas todos puidemos saber das gravísimas agresións ao estudantado valenciano, que reclamaba pacificamente un ensino público e de calidade e co cal queremos seguir manifestando a nosa total solidariedade.
Os golpes e as detencións arbitrarias mostran a cada vez máis latente faceta antidemocrática do goberno, que non se conforma coa precarización do ensino e demais servizos públicos, se non que dunha forma escandalosamente directa traslada a súa política de recortes aos nosos dereitos.
Ó mesmo tempo que estes ataques a nósa liberdade de expresión, ao dereito a pensar libre e criticamente e a loitar por aquilo que é xusto persisten, as autoridades educativas ao servizo dos mercados esfórzanse en facernos crer que é imposible manter un ensino público e gratuíto, alegando a situación económica pola que transcorre o noso país e condenándonos a situacións de absoluta precariedade nos nosos centros de estudo.
As novas reformas, tales como a Estratexia Universidade 2015 que trae consigo unha suba desmesurada das taxas universitarias, ou a supresión de becas xa anunciada polo ministro de educación xunto co novo Bacharelato, só son un paso máis cara a progresiva elitización e privatización do ensino, deixando como única opción a unha gran parte do alumnado o abandono dos seus estudos ante a imposibilidade de facerlles fronte económicamente. Mentres tanto, seguen regalándose millóns á escola privada, á banca ou á igrexa, e o gasto policial e militar aumenta.
Contra estes ataques a un dereito fundamental como é a educación, ao estudantado só lle queda un camiño: resistencia, loita e unidade. Ante a súa falta de argumentos, a violencia non será suficiente para acabar coa nosa forza. Debemos seguir traballando para construír entre todos un ensino público, laico e de calidade ao servizo das maiorías e lonxe dos intereses dos mercados.
Dende Estudates sen Futuro facemos un chamamento a mobilización o día 29 de febreiro. Ás 20h na subdelegación do goberno.
Todos a rúa en contra da brutalidade policial e os recortes!
#PrimaveraEstudiantil
#Organízateeloita

GAÑADORES PREMIOS GOYA

Parabéns a todos os gañadores destes magníficos Premios Goya‼
A pesar de non ter demasiados acertos na nosa quiniela particular creemos que estas tamén son unhas boas películas.
Aquí vos deixamos o listado de gañadores:
Mellor Película: No habrá paz para los malvados
Mellor Dirección: Enrique Urbizu Por: No habrá paz para los malvados
Mellor Guión Orixinal: Enrique Urbizu, Michel Gaztambide Por: No habrá paz para los malvados

Mellor Interpretación Masculina Protagonista: José Coronado

Mellor Interpretación Feminina Protagonista: Elena Anaya

Mellor Película de Animación: Arrugas
Mellor Curtametraxe de Animación Español: Birdboy

Deixámosvos un enlace para ver o tráiler de:No Habrá Paz Para los Malvados

DÍAS DE ENTROIDO

COMEZAMOS O ENTROIDO EN MoMo!!!



Pasede bo entroido e animádevos a disfrazarvos!

PREMIOS GOYA 2012

O cine español está preparado para a súa gran festa o próximo Domingo día 19: os Premios Goya, que se entregarán no transcurso dunha gala con humor, música e glamour con Eva Hache como presentadora.

Entre os nominados están:

  •  Mellor Película:
  1. Blackthorn -Sin destino.
  2. La Piel que Habito.
  3. La Voz Dorminda.
  4. No Habrá Paz Para los Malvados.
  • Mellor Direción:
  1. - Mateo Gil coa película  Blacktorn. Sin destino.
  2. - Pedro Almodovar coa película La piel que habito
  3. - Benito Zambrano coa película La voz dormida
  4. - Enrique Urbizo coa película No habrá paz para los malvados

  • Mellor Guión Orixinal
  1. - Miguel Barros coa película Blacktorn. Sin destino
  2. - Martí Roca, Sergi Belbel, Cristina Clemente, Aintza Serra coa película Eva
  3. - Woody Allen coa película Midnight in París
  4. - Enrique Urbizu, Michel Gaztambide coa película No habrá paz para los malvados

  • Mellor Interpretación Masculina Protagonista
  1. - Daniel Brühl coa película Eva
  2. - Antonio Banderas coa película La piel que habito
  3. - Luis Tosar coa película Mientras duermes
  4. - Jose Coronado coa película No habrá paz para los malvados

  • Mellor Interpretación Femenina Protagonista
  1. - Verónica Echegui coa película Katmandú. Un espejo en el cielo
  2. - Salma Hayek coa película La chsipa de la vida
  3. - Elena Anaya coa película La piel que habito
  4. - Inma Cuesta coa película La voz dormida

  • Mellor Película de Animación
  1. - Arrugas
  2. - Carthago Nova
  3. - Papá, soy una zombi


  • Mellor Curtametraxe de Animación Español
  1. - Birdboy
  2. - Ella
  3. - Quien aguanta más
  4. - Rosa

 

MoMo aposta por


Mellor Película

La Voz Dorminda.

Mellor Direción

La voz dormida

Mellor Guión Orixinal

Woody Allen coa película Midnight in París
Mellor Interpretación Masculina Protagonista
Luis Tosar  coa película Mientras duermes

Mellor Interpretación Femenina Protagonista

Elena Anaya coa película La piel que habito

Mellor Película de Animación

Arrugas

Mellor Curtametraxe de Animación Español

Quien aguanta más

 Podedes encontrar os Tráilers de todas as películas nominadas na páxina: http://www.premios-cine.com/goya/videos/trailers.html

O Sonoro Maxín presenta A Onda Sonora

O Sonoro Maxín, o grupo ourensán máis "festeiro" sacará para marzo o seu novo traballo "A Onda Sonora (chega do interior". Este é o seu primeiro disco de estudio,  producido por Kaki Arkarazo, ao que seguirá unha xira de presentación polas principais vilas do país. Xa podemos confirmar que as primeiras datas oficiais serán o 13 e o 14 de abril no Café Cultural Auriense de Ourense. Para abrir boca xa se pode escoitar a canción "Catacumbia" e ver un adianto do deseño do disco, a cargo de David Rubín.


Xa podedes ir escoitando un pequeno adianto de algúns temas neste enlace:

http://www.myspace.com/osonoromaxin/music

O Sonoro Maxín ademais de facernos bailar e disfrutar nos seus concertos, son un grupo solidario e comprometido coas causas sociais. Recentemente estiveron colaborando co Proxecto ENTREPARADAS poñendo a música en directo e mobilizando aos espectadores. Por todo elo sentímonos gratamete agradecidos/as...
             Viva O Sonoro Maxín

ENTROIDO OURENSE 2012

PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO 2012.


VENRES 17: 


21:30, desfile polas rúas da cidade coa presenza dos nosos entroidos (Paquita Nicanor de Seixalbo, Frei Canedo e As Romanas da Ponte, As Pitas d´as Eiroás). Os perqtores de Seixalbo e a charanga Chunda Chunda. Percorrido: Praza Maior, Lamas Carvajal, Rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Sto. Domingo, Praza do Ferro...






DOMINGO 19:


18:00, desfile de comparsas e carrozas.


LUNS 20:


00:00, concerto na Praza do Correxidor Los Muyaya Riff, Dios ke te crew e Dj Iván DZ:








ENTROIDO DA ASOCIACIÓN CULTURAL FREI CANEDO DA PONTE:


DOMINGO 19:


22:30, Baile Popular con Discoteca móvil.


LUNS 20:


23:00, baile de disfraces coa Orquesta FUTURO




Para máis información:  http://www.ourense.es/portalOurense/fact_d4_v1.jsp?contenido=10989&tipo=2&codMenu=8&nivel=1400&language=gl

Concerto de Nach en Ourense

Nach presenta no Auditorio Municipal, o día 24 de febreiro as 20.00 horas, "Mejor que el silencio".



Aquí vos deixamos a web do artista con toda a información que precisades.


SINCRO OURENSE MEDALLA DE OURO 2012

MoMo xa ten a súa primeira medalla de ouro


O equipo xuvenil  de Natación Sincronizada de Ourense gañou, o sábado 4 de febreiro, a medalla de ouro dos Campionatos Galegos de Natación Sincronizada,  na modalidade de rutina combinada, cunha espectacular coreografía. Contra todo pronóstico impuxéronse as favoritas, que era o equipo Galaico de Pontevedra, que ademais competía na súa casa.

Algunha das participantes deste grupo tamén forma parte de MoMo-- Mocidade en Movemento, polo que nos sentimos moi orgullosos e orgullosas, non só pola medalla, senón tamén polo esforzo e dedicación que esta modalidade deportiva implica.

O xurado quedou gratamente impresionado ante a poética da coreografía que presentaron. O vindeiro reto é o campionato nacional e, avisamos as catalanas, que este ano vamos a por todas!



Parabéns para todo o equipo!

Memorias das memorias dun neno labrego

No Auditorio Municipal este venres día 10 de febreiro ás 20.30 horas, Candido Pazó interpretará a súa nova versión do clásico, ben coñecido por todas e todos, de Neira Vilas, "Memorias dun neno labrego" no 50 aniversario da publicación da obra.

A entrada ten un custo de 8 euros e a obra unha duración duns 80 minutos.




A seguires, un pequeno fragmento para abrir boca!!




Até o venres!!


Os mércores Cine Solidario no Campus de Ourense



Cine e solidaridade sempre son unha combinación ganadora!

As proxeccións faranse os mércores ás 19.30 horas na facultade de ciencias do Campus e son de balde, só deberedes aportar algún producto non perecedeiro a cesta.

Os títulos son inmellorables, o custo ínfimo e a causa nobre... vémonos alí?

OLLO!! Carlos, filme que se proxecta o día 08/02/12 comeza ás 19.00 horas.


Entre Paradas. Viaxa con Nós.

    MoMo -- Mocidade en Movemento está presente no Proxecto Entreparadas, organizado e producido pola Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico:  P(A)T.  Trátase dun proxecto de educación viaria de carácter solidario, no que un grupo moi amplo e diverso de persoas interpretan textos da Xeración Nós, nas liñas de autobosus urbanos da cidade de Ourense para promover o uso do transporte colectivo de viaxeiros.

      Neste proxecto emprégase o teatro como un medio para enviar unha mensaxe a sociedade, e para promover a participación na sociedade de persoas que pertencen a colectivos moi diversos da cidade de Ourense. Neste senso, o proxecto responde a unha idea de cidadanía participativa e implicada nas distintas problemáticas sociais.
        
     

 Programa do Proxecto Entreparadas

 No proxecto Entreparadas participaron as distintas "forzas vivas" da cidade. A adaptación dos textos e  dirección teatral foi realizada por Elena Seijo, de Sarabela Teatro.  Trátase de textos da Xeración Nós, que foron recuperados e adaptados ao espazo escénico dun autobús, onde se producen as postas en escea.
Para a banda sonora contouse coa colaboración do grupo Ourensán O Sonoro Maxín, que interpretaron a música en directo e compuxeron a banda sonora para o documental.
Ademais da parte teatral e musical  o proxecto conta cunha dimensión audiovisual, que foi realizada por Toño Chouza, cuios resultados veremos en breve, cando estea rematado o documental que reflexará todo o proceso deste proxecto de creación colectiva.


Membros de Entreparadas o día da presentación do proxecto.


O regreso de Entreparadas Viaxa con Nós

 ...Regresa "Entreparadas"...
 Entreparadas"... é un proxecto solidario de educación viaria, no que participan 16 actores e actrices que representan a distintos colectivos da nosa cidade, dirixidos por Helena Seixo de Sarabela Teatro e acompañados musicalmente por O Sonoro Maxín.

Durante o mes de xaneiro os actores e actrices de Entreparadas volvemos aos ensaios...

As representacións nas liñas de buses urbanos de Ourense serán:
 4 de febreiro
11 de febreiro


Estades todos e todas convidadas!!!


Podedes atopar máis información deste proxecto neste Blog e no seguinte enlace:  http://www.laregion.es/noticia/194859/entreparadas/teatro/

6ª asemblea xeral - Estudantes sen futuro


Non fai nin un ano que nos reuniamos por primeira vez para demostrar que estamos dispostos a loitar, loitar por un ensino público, láico e de calidade.

Xa daquelas amosamos o noso desacordo coas políticas de recortes sociais que se prevían levar a cabo, demostrando que non somos unha xeración pasiva e acomadada como se nos reprocha en múltiples ocasións, senón mozos e mozas comprometidos, preocupados polo noso porvir e dispostos a impedir que o noso futuro quede en mans de políticos e banqueiros, facéndonos pagar as consecuencias dunha crise da que non somos responsables. Cargar contra o noso futuro é cargar contra o futuro da sociedade.

Hoxe, os pasos previstos cara a privatización do ensino xa son unha realidade. Co Partido Popular ao fronte da Xunta de Galicia tivemos que soportar dende a reducción da cualificación do profesorado (obrigado a impartir materias "afíns") ata a supresión de tutorías e grupos de diversificación, pasando polo aumento do número de alumnos por aula, supresión de becas, etc.

Ao mesmo tempo, co Partido Socialista no Goberno Central as taxas universitarias disparáronse ata alcanzar cifras inaccesibles para unha importante parte da xuventude. Isto, sumado as dificultades cada vez maiores para a consecución de axudas, fai que un número importante de mozos e mozas se vexan obrigados a abandonar os seus estudos.

Por outro lado, numerosas facultades quedan en mans de grandes empresarios, que como é habitual, velan máis polo seu propio beneficio económico que por conseguir xóvenes formados, competentes e independentes.

Como todos saberedes, dende o pasado mes de novembro, o Partido Popular tomou o relevo ao goberno de Zapatero. Tendo en conta o modelo de políticas de recortes sociais que está a levar a cabo este partido a nivel autonómico, non é posible esperar outra cousa máis que unha carreira feroz cara a elitización do ensino e a degradación dos servizos públicos en xeral.

Non imos permanecer impasibles vendo como xogan co noso futuro e como o empregan como moeda de cambio para saír da crise. Cremos na viavilidade doutras alternativas que non impliquen a destrucción de todo aquelo que tanto esforzo custou acadar, considerando a depauperación dun piar tan fundamental da sociedade moderna como é a educación pública, un enorme retroceso cara á igualdade social e económica. E nós, Estudantes Sen Futuro, estaremos presentes na loita contra estas atroces medidas, reivindicando sen descanso unha sociedade xusta e igualitaria.

Prevese un período de grandes movilizacións no que será necesario o compromiso de todas e todos nós, demostrando que seguimos aquí con máis forza ca nunca.

Agardámoste o vindeiro día 10, as 18:00 no edificio de Ferro da Universidade!

A solución non está na resignación, e agora, é o noso momento para demostralo!

Organízate e loita!

"La vida de Brian" en Radio 3

Esta noite, mércores 1 de febreiro, en Radio 3, unha nova ficción sonora moi interesante: "La vida de Brian".

Os actores Pepe Viyuela e Álex Ángulo nos papeis protagonistas, e dende  A Casa Encendida de Madrid.



Segundo a información de rtve:

"En esta ocasión, nos transportarán al año cero de nuestra era para contar una historia universal.La de un niño que nació en un establo de Belén y que creció sin saber quién era su verdadero padre. La vida de un hombre que se convirtió en un revolucionario, que movió multitudes, que sufrió la persecución de los romanos y terminó crucificado: La vida de Brian.

El tiempo no ha pasado por esta obra que los Monty Phyton escribieron en 1979 y en el que se crítica la irracionalidad de las masas y los dogmatismos revolucionarios que siguen en pleno vigor hoy en día."



Se non podedes oíla hoxe, tendes outra oportunidade o sábado 18 de febreiro a través de RNE no programa Abierto hasta las 2.

Tendes máis información e podedes escoitar tres fragmentos dos ensaios neste enlace de ficción sonora.

A disfrutalo!!

Concurso de MoMo Febreiro 2012

En Ourense as e os artistas do graffiti teñen un grande lenzo no que poder crear. Co apoio de Anacos da Cidade, da Asociación Cultural “Arte Bruta” e do Concello así como de outras institucións, Ourense estase a convertir nunha galería de arte urbana, na que podes disfrutar das diferentes obras de arte en calquera paseo e de balde.





Imaxes extraidas de www.anacosdacidade.org


O noso próximo desafío para todas e todos vós e localizar unha destas obras de arte urbano. Aquí vos deixamos un pequeno fagmento, tendes que localizar o todo.



¡¡¡Moita sorte e a concursar!!!!