Entre Paradas. Viaxa con Nós.

    MoMo -- Mocidade en Movemento está presente no Proxecto Entreparadas, organizado e producido pola Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico:  P(A)T.  Trátase dun proxecto de educación viaria de carácter solidario, no que un grupo moi amplo e diverso de persoas interpretan textos da Xeración Nós, nas liñas de autobosus urbanos da cidade de Ourense para promover o uso do transporte colectivo de viaxeiros.

      Neste proxecto emprégase o teatro como un medio para enviar unha mensaxe a sociedade, e para promover a participación na sociedade de persoas que pertencen a colectivos moi diversos da cidade de Ourense. Neste senso, o proxecto responde a unha idea de cidadanía participativa e implicada nas distintas problemáticas sociais.
        
     

 Programa do Proxecto Entreparadas

 No proxecto Entreparadas participaron as distintas "forzas vivas" da cidade. A adaptación dos textos e  dirección teatral foi realizada por Elena Seijo, de Sarabela Teatro.  Trátase de textos da Xeración Nós, que foron recuperados e adaptados ao espazo escénico dun autobús, onde se producen as postas en escea.
Para a banda sonora contouse coa colaboración do grupo Ourensán O Sonoro Maxín, que interpretaron a música en directo e compuxeron a banda sonora para o documental.
Ademais da parte teatral e musical  o proxecto conta cunha dimensión audiovisual, que foi realizada por Toño Chouza, cuios resultados veremos en breve, cando estea rematado o documental que reflexará todo o proceso deste proxecto de creación colectiva.


Membros de Entreparadas o día da presentación do proxecto.