Momo no Teatro

No ano 1973, Michael Ende, publicaba Momo, unha novela que trata sobre o concepto do tempo e como é usado polos humanos. Ende non sabía entón, que esta novela constituiría un referente para moitas xeracións.

Momo foi levada ao teatro por numerosas compañías de teatro de todo o mundo. 
No 2003 Teatro do Grilo representou en Ourense unha versión de Momo, adaptada e dirixida por Mónica Sueiro, dentro da programación do Maio Xove da Casa da Xuventude de Ourense.







Máis recentemente tamén Trécola Teatro fixo unha versión de Momo, para público infantí, que titularon "A estraña historia dos ladróns do tempo e da nena que devolveu ó tempo ós home"

Concurso de MoMo Xaneiro 2012

Velaquí está a primeira posibilidade de acadar un pequeno agasallo só con prestar un pouco de atención ás rúas de Ourense.

Oito son as testemuñas de cerámica que hai en Ourense do Roteiro de A Esmorga, mais só é preciso atopar unha:



Sabedes onde está? Enviade nun comentario o nome da rúa e participaredes no sorteo do agasallo deste mes.

Tendes de prazo até fin de xaneiro...

Sorte

Bases do Concurso mensual de MoMo

Todos os meses teremos a posibilidade de participar no "Concurso mensual de MoMo".

¿En que consiste o concurso?
Cada mes se colgará un fragmento de música, de literatura, dunha parte da cidade... do que haberá que descubrir a que todo pertence.

¿Como participar?
Cando saibamos cal é a resposta correcta só temos que facer un comentario na entrada do concurso indicandoa.

¿Hai algún premio?
Concederase un pequeno premio para cada concurso mensual, mais non saberemos cal é até o remate do mesmo!!



Animádevos a participar!!!

En Ourense...

A Bela Auria. Os cabezudos de A Esmorga.




MoMo -- Mocidade en Movemento participa na II edición de A Bela Auria, que se celebrou en Ourense o 30 de outubro. A Bela Auria é unha festa de recreación histórica da época da Xeración NÓS, cando a cidade de Ourense era o centro da cultura galega, grazas a autores como Otero, Risco, Ferro Couselo entre outros.
 


MoMo -- Mocidade en Movemento colaborou na dinamización da festa sacando a romería os Cabezudos de A Esmorga, que estiveron perseguindo os cativos polas rúas da cidade e bailando no Xardín do Posio





Máis información A Bela Auria:  http://belaauria.wordpress.com/a-festa/