Momo no Teatro

No ano 1973, Michael Ende, publicaba Momo, unha novela que trata sobre o concepto do tempo e como é usado polos humanos. Ende non sabía entón, que esta novela constituiría un referente para moitas xeracións.

Momo foi levada ao teatro por numerosas compañías de teatro de todo o mundo. 
No 2003 Teatro do Grilo representou en Ourense unha versión de Momo, adaptada e dirixida por Mónica Sueiro, dentro da programación do Maio Xove da Casa da Xuventude de Ourense.







Máis recentemente tamén Trécola Teatro fixo unha versión de Momo, para público infantí, que titularon "A estraña historia dos ladróns do tempo e da nena que devolveu ó tempo ós home"