MoMo coa Folga Xeral

MoMo: Mocidade en Movimento súmase a Folga Xeral do 29 de marzo, amosando o seu máis profudo rexeite a reforma laboral, entendendo que esta constitúe un ataque directo contra as condicións laborais, fomentando a precariedade laboral e cebándose especialmente coa xuventude.

MoMo súmase a distintas iniciativas e convócavos a todos e todas a manifestación que terá lugar o 29 de marzo.
MoMo quere agradecer o traballo que están facendo nesta liña colectivos como Estudantes Sen Futuro, que realizaron o seguinte video e manifesto para concienciar ao estudantado


Aquí o  manifiesto:


As políticas antisociais do goberno, tales como os recortes ou a reforma laboral, non só constitúen un dos ataques máis directos e brutais cara os dereitos dos traballadores e traballadoras na historia da democracia, se non que son tamén un golpe claro cara o futuro do estudantado e da mocidade en xeral.


En primeiro lugar, limitouse e dificultouse o accesos aos estudos superiores mediante a implantación da Estratexia Universidade 2015, un paso máis no Proceso de Boloña, que supón a elitización e mercantilización do ensino, principalmente mediante a suba desmesurada das taxas universitarias, ou as contraproducentes reformas nas probas de acceso.


Por outro lado, no ámbito das ensinanzas medias atopámonos coa posible reforma do bacharelato e os continuos recortes presupostarios, entre outras moitas medidas antisociais que teñen como finalidade a precarización e posterior privatización do ensino público.


Ademáis, a nova reforma, lonxe de buscar unha solución aos graves problemas que presenta para a xuventude o mercado laboral actual, aumenta a precarización e incertidumbre do noso porvir, elevando as taxas do paro xuvenil 43,5%. Queremos unha formación de calidade, enfocada a unha realidade laboral xusta e igualitaria.


Sobran as razóns para saír a rúa o vindeiro xoves 29 de marzo, e berrar ben alto que cos nosos dereitos non se xoga. Paremos as aulas e fagamos da Folga Xeral un éxito tamén no ámbito educativo. O noso futuro é o futuro da sociedade, unámonos e loitemos para defendelo!


Nin nas aulas nin na casa! Na rúa!

La mascota de Noe

Hola!!! soy Sira, una pitbull de 2 años y medio. Soy muy cariñosa y me gusta estar rodeada de gente y de otros perros. Me porto bien, porque así me enseñaron desde cachorro, aunque a veces me paso de revoltosa. Salgo todos los días de paseo, pero siempre con los papeles en regla: tengo chip, licencia, todas las vacunas y voy siempre atada y con mi bozal. Me gusta mucho correr por el monte y tomar el sol siempre que se puede. El resto del tiempo lo paso durmiendo... y a ello me voy ahora mismo!! 

Saludos para todos. SIRA




8 de marzo

“Home, ¿eres capaz de ser xusto? Unha muller  faiche esta pregunta; cando  menos non lle quitarás ese dereito. Dime: ¿quen che deu o soberano poder de oprimir ao meu sexo?, ¿a túa forza?, ¿os teus talentos?”

Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá. Olimpia de Gouges. (1748-1783).



Tal e como fixo Olimpia no seu momento, hoxe, 230 anos despois,  todas e todos debemos seguir loitando pola igualdade da muller, e seguir preguntándolle aos homes, se dunha vez por todas van ser capaces de ser xustos!!


Hoxe, 8 de marzo a nosa pregunta vai para Alberto Ruiz-Gallardón, ministro de Xusticia: Alberto, eres capaz de ser xusto?


Valoradeo vos memos e mesmas!!

Os compañeiros e compañeiras do Zancudo Barbudo



 Esta beleza chamábase Thor  e deixounos fai un par de anos despois dun longo e complicado proceso convalecente... pero antes regalounos moitos momentos de diversión, cariño e "bó rollo". Gustáballe o teatro de rúa, saír de marcha, pero sobre todo disfrutaba correndo polo monte...


 ... Aquí podedes ver a "loca" de Mardou con Kaiser, un dos moitos pretendentes... Kaiser é un atleta nato. Compite en maratóns, pero obstenta todos os records de velocidade...


... nesta estampa podemos ver a Mardou cando tiña 7 meses, espiando a unha parella de formigas... é moi cotilla... Mardou está un pouco-moito "loca", tal como describía Kerouac na súa novela...

Leku

Este é Leku, atomámolo o ano pasado na Festa do Boi e agora é un cadeliño atope de ledo, é moi cariñoso e obediente.



Aura





Mascotas de Nere

Presentovos a Tina, unha mestura de cocker enano e schnauzer enano de dous meses.
encantalle xogar cá pelota, e é unha gran vixiante da casa.




E aquí están os últimos inquilinos da casa, o gato branco chámase

 Baldabiou, e o de raias, a hembra, doña Marquesa, chamáse así por que creese a dona da casa.na foto tiñan 3 mesiños.

Baldabiou, pasase o dia durmindo, e a noite e un excelente 

investigador dos espazos mais pequenos que haxa 

na casa.



 
"Nere"

Mascotas de Patry

Picky e Copi


Picky é a femia, é a marrón oscura. E Copi, o macho, é o máis clariño.  

Patry

Mascotas de Lore

Tebra:

Son unha cocker de 6 anos e medio. Son toda negra pero xa teño canas. Pórtome moi ben ainda que Bea e Lore, as veces din que non! Gústame pasear, xogar e COMER!!!


Agora teño unha amigiña nova, chámase Xiva, e ainda é moi pequena.


Tebra e Xiva.

Mascotas de Satur

León

Encontreino tirado na Abelenda fai 3 anos


Ñeco

Ten 1 ano, e fillo da miña cadela que se chama Princesa


Deixovos unha foto de todos cas xuntos

Satur

MoMo recomenda: Libros

COMIC: La casa de los susurros
  • Autores:  Tirso Cons, David Muñoz y Javi Montes 
  • Ano: 2012
  • Comentario: Xa está nas tendas o volume integral de La Casa de los Susurros, tomo de 144 páxinas de Dolmen que recopila os tres volumes orixinais que integraron esta saga na súa edición orixinal en Francia por parte de Delcourt, unha obra escrita por David Muñoz (Miedo o Rayos y Centellas en cómic, El Espinazo del diablo o Lena en cine, por citar unas pocas), extraordinariamente dibuxada por Tirso Cons (El ojo del diablo) e coloreada con moita personalidade por Javi Montes. Este volume recolle tamén interesantes extras que complementan á perfección a lectura desta obra, un dos best seller da súa editorial os pasados anos.






La Casa de los Susurros contanos a historia dun grupo de nenos orfos, que comparten estancia nun misterioso caserón e aos que rodea un secreto, un secreto que a medida que se vai desvelando nos arrastrará a unha historia chea de sectas secretas, vampiros, homes lobo e outros seres, sempre ao servizo dunha historia moi cinematográfica, repleta de acción e sorpresas."

Tamén podedes encontrar a primeira parte en galego, na editorial "El patito".









RELATOS: Historia de Cronopios y Famas
  • Autor:  Julio Cortázar
  • Ano: 1962
  • Comentario:  Trátase dunha das obras máis coñecidas do escritor arxentino Julio Cortázar. Está composta por unha serie de relatos curtos surrealistas, que esixe dunha gran dose de imaxinación por parte dos lectores, polo que este libre non é apto para persoas carentes de creatividade e imaxinación. A temática principal xira sobre o comportamento de tres tipos de seres fantásticos. Os Cronopios son seres que se están á  marxe da sociedade como os poetas, artistas ou persoas asociais. Os Famas, son seres importantes e formais que defenden a orde establecida. As Esperanzas son personaxes intermedios que se deixan levar tanto polos Cronopios como polas Famas. Polo tanto, esta obra pode interpretarse como unha observación que realiza o autor sobre a cotidianiedade do mundo.
  • Selecionamos un dos minirelatos para ir abrindo boca. Esperamos que vos guste tanto esta obra como a nós:

    La foto salió movida

    Un cronopio va a abrir la puerta de calle, y al meter la mano en el bolsillo para sacar la llave lo que saca es una caja de fósforos, entonces este cronopio se aflige mucho y empieza a pensar que si en vez de la llave encuentra los fósforos, sería horrible que el mundo se hubiera desplazado de golpe, y a lo mejor si los fósforos están donde la llave, puede suceder que encuentre la billetera llena de fósforos, y la azucarera llena de dinero, y el piano lleno de azúcar, y la guía del teléfono llena de música, y el ropero lleno de abonados, y la cama llena de trajes, y los floreros llenos de sábanas, y los tranvías llenos de rosas, y los campos llenos de tranvías. Así es que este cronopio se aflige horriblemente y corre a mirarse al espejo, pero como el espejo esta algo ladeado lo que ve es el paragüero del zaguán, y sus presunciones se confirman y estalla en sollozos, cae de rodillas y junta sus manecitas no sabe para que. Los famas vecinos acuden a consolarlo, y también las esperanzas, pero pasan horas antes de que el cronopio salga de su desesperación y acepte una taza de té, que mira y examina mucho antes de beber, no vaya a pasar que en vez de una taza de té sea un hormiguero o un libro de Samuel Smiles.

    (Historia de Cronopios y Famas, Julio Cortázar)


    NOVELA: MOMO

    • Escritor:  Michael Ende. Baviera, 1929-1955.
    • Ano:  1973
    • Sinopse:  Momo é unha nena moi especial, diferente a todas as persoas que a rodean.  Vive nas ruínas dun pequeno anfiteatro situado nas aforas, no extremo sur dunha gran cidade. Momo ten a estraña cualidade de saber escoitar, por iso os seus amigos e amigas sempre recorren a ela cando teñen algún problema. Un día aparecen na cidade Os Homes Grises, que andan convencendo a xente de que aforre tempo para depositalo na súa Caixa de Aforros do Tempo. Non poden permitir que a xente estrague o seu tempo, tontamente falando con Momo. Momo e os seus amigos terán que enfrontarse aos Homes Grises e explorar novas realidades.
    Momo e Casiopea

    Comentarios:   Momo é unha novela atemporal e para todas as idades. Reflexiona sobre a locura do ritmo de vida moderno e a deshumanización e despersonalización da sociedade na que viviemos.

    Beppo

    CONCURSO DE MoMo MARZO 2012

    Para que podades demostrarnos os vosos coñecementos sobre cine, aquí vos deixamos unha imaxe para que nos digades en que película a podemos atopar!!!



    Animádevos a participar xa que o gañador recibirá como recompensa un pequeno agasallo.

    Moita Sorte!!!!

    GAÑADOR DO CONCURSO DE FEBREIRO!!!

    Moitísimas grazas a todos e a todas por participar neste  segundo concurso de MoMo.


    Desde MoMo damos a enoraboa a RLAMAS, por ser quen atopou o graffiti ó que pertencía o pequeño fragmento que vos facilitamos.




    A partires do Luns poderás pasar a recoller o teu agasallo sorpresa!



    E para todos e todas as demais, non deixedes de visitar MoMo, hoxe comezará un novo concurso, que vos brindará a posibilidade de acadar un pequeno agasallo a vez que demostrades os vosos coñecementos sobre o cine!!!!