MoMo recomenda: Libros

COMIC: La casa de los susurros
  • Autores:  Tirso Cons, David Muñoz y Javi Montes 
  • Ano: 2012
  • Comentario: Xa está nas tendas o volume integral de La Casa de los Susurros, tomo de 144 páxinas de Dolmen que recopila os tres volumes orixinais que integraron esta saga na súa edición orixinal en Francia por parte de Delcourt, unha obra escrita por David Muñoz (Miedo o Rayos y Centellas en cómic, El Espinazo del diablo o Lena en cine, por citar unas pocas), extraordinariamente dibuxada por Tirso Cons (El ojo del diablo) e coloreada con moita personalidade por Javi Montes. Este volume recolle tamén interesantes extras que complementan á perfección a lectura desta obra, un dos best seller da súa editorial os pasados anos.






La Casa de los Susurros contanos a historia dun grupo de nenos orfos, que comparten estancia nun misterioso caserón e aos que rodea un secreto, un secreto que a medida que se vai desvelando nos arrastrará a unha historia chea de sectas secretas, vampiros, homes lobo e outros seres, sempre ao servizo dunha historia moi cinematográfica, repleta de acción e sorpresas."

Tamén podedes encontrar a primeira parte en galego, na editorial "El patito".









RELATOS: Historia de Cronopios y Famas
  • Autor:  Julio Cortázar
  • Ano: 1962
  • Comentario:  Trátase dunha das obras máis coñecidas do escritor arxentino Julio Cortázar. Está composta por unha serie de relatos curtos surrealistas, que esixe dunha gran dose de imaxinación por parte dos lectores, polo que este libre non é apto para persoas carentes de creatividade e imaxinación. A temática principal xira sobre o comportamento de tres tipos de seres fantásticos. Os Cronopios son seres que se están á  marxe da sociedade como os poetas, artistas ou persoas asociais. Os Famas, son seres importantes e formais que defenden a orde establecida. As Esperanzas son personaxes intermedios que se deixan levar tanto polos Cronopios como polas Famas. Polo tanto, esta obra pode interpretarse como unha observación que realiza o autor sobre a cotidianiedade do mundo.
  • Selecionamos un dos minirelatos para ir abrindo boca. Esperamos que vos guste tanto esta obra como a nós:

    La foto salió movida

    Un cronopio va a abrir la puerta de calle, y al meter la mano en el bolsillo para sacar la llave lo que saca es una caja de fósforos, entonces este cronopio se aflige mucho y empieza a pensar que si en vez de la llave encuentra los fósforos, sería horrible que el mundo se hubiera desplazado de golpe, y a lo mejor si los fósforos están donde la llave, puede suceder que encuentre la billetera llena de fósforos, y la azucarera llena de dinero, y el piano lleno de azúcar, y la guía del teléfono llena de música, y el ropero lleno de abonados, y la cama llena de trajes, y los floreros llenos de sábanas, y los tranvías llenos de rosas, y los campos llenos de tranvías. Así es que este cronopio se aflige horriblemente y corre a mirarse al espejo, pero como el espejo esta algo ladeado lo que ve es el paragüero del zaguán, y sus presunciones se confirman y estalla en sollozos, cae de rodillas y junta sus manecitas no sabe para que. Los famas vecinos acuden a consolarlo, y también las esperanzas, pero pasan horas antes de que el cronopio salga de su desesperación y acepte una taza de té, que mira y examina mucho antes de beber, no vaya a pasar que en vez de una taza de té sea un hormiguero o un libro de Samuel Smiles.

    (Historia de Cronopios y Famas, Julio Cortázar)


    NOVELA: MOMO

    • Escritor:  Michael Ende. Baviera, 1929-1955.
    • Ano:  1973
    • Sinopse:  Momo é unha nena moi especial, diferente a todas as persoas que a rodean.  Vive nas ruínas dun pequeno anfiteatro situado nas aforas, no extremo sur dunha gran cidade. Momo ten a estraña cualidade de saber escoitar, por iso os seus amigos e amigas sempre recorren a ela cando teñen algún problema. Un día aparecen na cidade Os Homes Grises, que andan convencendo a xente de que aforre tempo para depositalo na súa Caixa de Aforros do Tempo. Non poden permitir que a xente estrague o seu tempo, tontamente falando con Momo. Momo e os seus amigos terán que enfrontarse aos Homes Grises e explorar novas realidades.
    Momo e Casiopea

    Comentarios:   Momo é unha novela atemporal e para todas as idades. Reflexiona sobre a locura do ritmo de vida moderno e a deshumanización e despersonalización da sociedade na que viviemos.

    Beppo