MoMo repite medallas

 
MoMo volve a estar de medalla

 
O equipo xuvenil de Natación Sincronizada de Ourense gañou a medalla de ouro no Campionato Galego de Natación Sincronizada que tivo lugar en Vigo o 2 de xuño. Novamente e, contra todo pronóstico impuxéronse ás favoritas que son o equipo Galaico de Pontevedra.
 
 A coreografía, que está baseada na estética e filosofía Punk, foi aclamada polo público presente. dende MoMo estamos moi orgullosos e orgullosas por esta, xa segunda medalla de Ouro, deste ano. a vindeira cita será o sábado 8 de xuño, esta vez na casa, no pavillón dos remedios en Ourense, onde farán unha exhibición. estades todos e todas convidadas!!!