Os Zancandís

Membros de MoMo -- Mocidade en Movemento crearon os Zancandís: grupo de zancudos, que fan as delicias de cativos e non tan cativos con arriscados números circenses.

Allariz 2004

Chegados das fermosas terras de Auria, Os Zancandís, percorren dende o  2003, as rúas e prazas de Galicia, sementando ilusións e sorrisos alá por onde pasan.   As veces viaxan sós e outras con músicos como os PQTORES  de Seixalbo, ou Gostoso Pá de Pontevedra. Ademais de animar e dinamizar tamén colaboran con proxectos de carácter social.

Os Zancandís son:

                • A GataZancuda
                • O ZacudoBarbudo