"Baile de soños" CIRCIO no Auditorio de Ourense

Este domingo 22 de xaneiro ás 19.30 horas temos unha nova oportunidade de pasar un rato agradable en Ourense.

No Auditorio Municipal a Compañía de Música e Danza CIRCIO presenta "Baile de soños" un espectáculo con música en directo, onde se narra a historia dunha nena que viaxa nos seus soños a un mundo fantástico de música e danza, mesturando sentimentos de ledicia e tristura.

O custo da entrada é de 8€ para público adulto e do de 4€ para nenos e nenas.



Vémonos alí!!