Estudantes sen Futuro chama á mobilización o #29F


A brutalidade e o abuso policial son xa unha estratexia frecuente para silenciar as cada vez máis numerosas voces que se levantan día tras día contra as crecentes inxustizas no estado español. Nas últimas semanas todos puidemos saber das gravísimas agresións ao estudantado valenciano, que reclamaba pacificamente un ensino público e de calidade e co cal queremos seguir manifestando a nosa total solidariedade.
Os golpes e as detencións arbitrarias mostran a cada vez máis latente faceta antidemocrática do goberno, que non se conforma coa precarización do ensino e demais servizos públicos, se non que dunha forma escandalosamente directa traslada a súa política de recortes aos nosos dereitos.
Ó mesmo tempo que estes ataques a nósa liberdade de expresión, ao dereito a pensar libre e criticamente e a loitar por aquilo que é xusto persisten, as autoridades educativas ao servizo dos mercados esfórzanse en facernos crer que é imposible manter un ensino público e gratuíto, alegando a situación económica pola que transcorre o noso país e condenándonos a situacións de absoluta precariedade nos nosos centros de estudo.
As novas reformas, tales como a Estratexia Universidade 2015 que trae consigo unha suba desmesurada das taxas universitarias, ou a supresión de becas xa anunciada polo ministro de educación xunto co novo Bacharelato, só son un paso máis cara a progresiva elitización e privatización do ensino, deixando como única opción a unha gran parte do alumnado o abandono dos seus estudos ante a imposibilidade de facerlles fronte económicamente. Mentres tanto, seguen regalándose millóns á escola privada, á banca ou á igrexa, e o gasto policial e militar aumenta.
Contra estes ataques a un dereito fundamental como é a educación, ao estudantado só lle queda un camiño: resistencia, loita e unidade. Ante a súa falta de argumentos, a violencia non será suficiente para acabar coa nosa forza. Debemos seguir traballando para construír entre todos un ensino público, laico e de calidade ao servizo das maiorías e lonxe dos intereses dos mercados.
Dende Estudates sen Futuro facemos un chamamento a mobilización o día 29 de febreiro. Ás 20h na subdelegación do goberno.
Todos a rúa en contra da brutalidade policial e os recortes!
#PrimaveraEstudiantil
#Organízateeloita