As PECHA KUCHA Nights son evento informal para fomentar os intercambios intelectuais e creativos, cun formato dinámico e áxil no que os/as speakers presenten as súas ideas e propostas cunha posta en escea peculiar: 20 diapositivas de 20 segundos cada unha, en total 6 minutos e 40 segundos para expor o teu traballo o mundo: unha dose de creatividade concentrada.
As PECHA KUCHA Nights comezaron en Tokio en 2003 para logo expandirse a cidades de todo o mundo, como Londres, Berlín, Barcelona... en Galiza xa son habituais as PECHA KUCHA de Santiago ou Pontevedra...da túa participación depende que tamén Ourense se apunte a este xeito diferente de intercambiar e compartir boas ideas.
Se queredes mais información ou estades interesados en participar escribe a : pechakuchou@gmail.com
ou entra na páxina: http://www.pecha-kucha.org/
ANIMÁDEVOS!