MoMo xa ten a súa primeira medalla de ouro
O equipo xuvenil de Natación Sincronizada de Ourense gañou, o sábado 4 de febreiro, a medalla de ouro dos Campionatos Galegos de Natación Sincronizada, na modalidade de rutina combinada, cunha espectacular coreografía. Contra todo pronóstico impuxéronse as favoritas, que era o equipo Galaico de Pontevedra, que ademais competía na súa casa.
Algunha das participantes deste grupo tamén forma parte de MoMo-- Mocidade en Movemento, polo que nos sentimos moi orgullosos e orgullosas, non só pola medalla, senón tamén polo esforzo e dedicación que esta modalidade deportiva implica.
O xurado quedou gratamente impresionado ante a poética da coreografía que presentaron. O vindeiro reto é o campionato nacional e, avisamos as catalanas, que este ano vamos a por todas!
Parabéns para todo o equipo!
0 comentarios:
Publicar un comentario