MoMo quixo tamén nesta ocasión aportar o grao de area nunha causa que ben o merece: a erradicación da violencia contra as mulleres.
Como sabedes semella longo o camiño que todos e todas temos que recorrer para que a sociedade acade este obxectivo, mais con vontade e propiciando o cambio entre nós, a xente nova, o fin do terrorismo doméstico está máis perto.
Ao porse en contacto con MoMo o Concello de Ourense, a través da Concellería de Igualdade e o CIMM, non quixemos deixar pasar esta oportunidade e enseguida nos puxemos a deseñar un grande acto co que poder transmitir ao resto da sociedade que os mozos e mozas non estamos dispostos a pasar por menos que a IGUALDADE entre homes e mulleres.
Cinco foron os ensaios que nos fixeron falla para artellar unha representación teatral, musical e poética.
Valéndonos das palabras de Gioconda Belli, Mario Benedetti, Agustín García Calvo, Maram Al-Masri e Balbina Prior, así como da música de Los chicos del coro, La lista de Schindler e Gloria Gaynor (I will survive), trasladamos á cidade de Ourense o lema da xornada do 2011: MOVÉMONOS POLA IGUALDADE.
Os medios fixéronse eco dos actos organizados na cidade ao longo do día, sendo MoMo portada do xornal La Voz de Galicia Edición de Ourense o sábado 26 de novembro.
Dende MoMo seguiremos apoiando co noso traballo todas aquelas causas nas que a mocidade teñamos algo que decir!
Animádevos a participar para a próxima!!!